XOGOS POPULARES E INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA


 

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

 Esta semana inauguramos a biblioteca xa que o día 24 era o 

" Día das Bibliotecas Escolares".

Fomos facéndoo un ou dous cursos cada día, por iso dos grupos burbulla. 

Primeiro fixemos uns xogos populares por grupos e fomos rotándoos, un ratiño cada grupo nun xogo: corda, pai fillo nai, buxainas, pilleta e carozos, e ao rematar déronnos uns puzzles onde aparecían  unhas  pistas: A biblioteca e o conto "El hospital de Litera Tura" que resultou ser unha bruxiña moi apañada que soubo  atopar a maxia para arranxar uns contos que perdían as letras e os debuxos. Tamén apareceu por alí unha bruxiña moi coñecida por nós. 

Así que subimos á  BIBLIOTECA !

Alí a  profe Carmen contounos o conto " El hospital de  Litera Tura", e logo deunos a caixa cos libros do "Itinerario lector" e a mochila viaxeira.

E o venres, por fin, xa puidemos empezar a ir á Biblioteca e coller eses marabillosos libros que alí hai para levar para casa co empréstito de libros. Clica na imaxe  para ver o vídeo. 


Comentarios