PROXECTO ANUAL: A INDIA

No noso proxecto de curso este curso centrámonos na India, pois  Aitana ten unha amiga, chamada Diana,  que estaba de cooperante nunha escola de nenas na India.

Así que nos puxemos mans a obra a investigar sobre este interesante país tan diferente ao noso.

Falei con Diana por teléfono e por whatsapp e puxémonos de acordo para dar os primeiros pasos e ... en Nadal intercambiamos vídeos e postais.

E con todo o que aprendemos chegou a hora de ensinarllo aos nosos compañeiros.

Así que preparamos un concurso:  1,2,3, SABER E GAÑAR, especial sobre a A INDIA.

Aquí podedes ver o noso traballo. Clica na imaxe


 

 



Comentarios